No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello (pinchar no + para ver tódalas publicacións), poden verse as resolucións da alcaldía pola que se aproban as listas de admitidos e excluidos provisionais (no caso dos peóns de mantemento de zonas naturais elévase a definitiva) para a para a selección, mediante concurso-oposición, de DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e DUN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES, a xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Fomento do Emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2020", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo:
Recordamoslles que as probas de selección para tódolos postos realizarase o próximo día 17 de marzo de 2021, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade de O Vicedo (Casa Cultura), sita en rúa Cidade de Mondoñedo, 23.Segundo se establece na resolución os excluidos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 8 e 9 de marzo para efectuar as alegacións que estimen oportunas ou corrixir, no seu caso, os erros que proceda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario