miércoles, 17 de marzo de 2021

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021 (código de procedemento PL500C). DOGA 17/03/2021.

 

Obxecto: convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de língua galega Celga 1,2,3 e 4.

Destinatarios: Maiores de 16 anos ou que os cumpran no ano 2021.

Datas das probas: en maio/xuño de 2021 en función da evolución da COVID-19.

Localidades: Santiago de Compostela (niveis 1,2,3 e 4) e Ponferrada (niveis 2,3 e 4)Os lugares e horarios se publicarán coa listaxe definitiva de persoas admitidas.

Inscripción: anexo I; xustificante de aboamento de taxas; certificado de discapacidade de ser o caso.

Taxa:16,59 euros. Mediante impreso de autoliquidación.(Excepto persoas con discapacidade recoñecida igual ou maior ao 33%, que estarán exentas). O pago das taxas deberá realizarse dentro do prazo de presentación de solicitudes.

Prazo: ata o 12/04/2021

Destacar: non se admite o ingreso da taxa fóra de prazo. As persoas excluídas terán dous meses para solicitar a devolución da taxa ingresada, a partir da publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas.

Duración das probas: 

Celga 1

Escrita: 2 horas

Oral: 10 minutos

Celga 2

Escrita: 2 horas

Oral: 10 minutos

Celga 3

Escrita: 2 horas e media

Oral: 15 minutos

Celga 4

Escrita: 3 horas

Oral: 15 minutos

Máis información no DOG do 17 de marzo de 2021:https://www.xunta.gal/dog ou dirixirse á Axente de emprego e desenvolvemento local do concello.

No hay comentarios: