Axencia Instituto Enerxético de Galicia: DOGA 29/03/2020
Obxecto:
axudas para renovación de electrodomésticos (frigorífico,
frigorífico-conxelador, conxelador, lavadora e lavlouza, todos con
clasificación enerxética A+++, e placas de cociña ou de indución total (non
mixtas) a través de entidades colaboradoras.
Beneficiarios:
persoas físicas con vivendas en Galicia.
Solicitude:
será presentada pola entidade colaboradora.
Subvencionable:
equipamento técnico e accesorios; accesorios da instalación; sistema de
almacenamento de combustible; sistemas de alimentación de combustible; montaxe
e conexión; IVE cando non sexa recuperable. Todo elo sempre que as actuacións non
foran comezadas antes da presentación da solicitude, e sempre que non sexan de
segunda man.
Importe:
en electrodomésticos de 100 a 450 euros de axuda dependendo do electrodoméstico
e do tipo de consumidor (xeral, vulnerable ou vulnerable severo) sen superar en
ningún caso do 25% a 75% do valor dependendo do tipo de consumidor.
Prazo
presentación de solicitudes:
-
Para que as entidades
interesadas se adhiran: ata o 30 de xuño de 2021.
- Para presentar as solicitudes dos seus clientes: do 20 de abril de 2021 ata o 30 de setembro de 2021 ou ata esgotar fondos.
Para máis información contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local ou acceder a: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario