lunes, 7 de junio de 2021

Oferta de emprego: tres vixiantes/controladores para a zona de "Fuciño do Porco", financiada pola Excma. Deputación Provincial de Lugo

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante oposición, de tres vixiantes/controladores para a zona de “Fuciño do Porco”, co fin de garantizar que se cumpran as medidas de seguridade establecidas en relación coa situación de emerxencia sanitaria por mor do COVID, a xornada completa, durante a tempada de verán / 2021, e financiada pola Excma. Deputación Provincial de Lugo, dentro do "Plan provincial único de cooperación cos concellos 2021.

O prazo de presentación de solicitudes iniciase mañá día 08 de xuño e  remata o próximo día 17 de xuño de 2021. Realizándose o proceso de selección o día 21 de xuño de 2021, a partir das 10:00 h. na Casa consistorial.


Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local. No seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/

No hay comentarios: