Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 01 de xullo, e por un período de tres meses.
O prazo de inscrición é desde o día 09 de xuño de 2021 e ata o 18 de xuño de 2021 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 22 de xuño de 2021, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
No hay comentarios:
Publicar un comentario