jueves, 3 de junio de 2021

CONVOCATORIA PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS OFIMÁTICAS

 RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2021 pola que se efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación. DOGA 02/06/2021.

Obxecto: Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras a adquisición mediante curso de teleformación das capacidades que as constitúen e a posterior superación dunha proba presencial.

Destinatarios: persoasmaiores de 16 anos ou que os cumpran antes da finalización do prazo de inscrición.

Descrición: o curso de teleformación é de 190 horas, dura 12 semanas (do 1 de outubro ao 21 de novembro de 2021). A proba presencial realizarase nunha aula Cemit de cada unha das provincias  galegas e tamén en Santiago de Compostela., nas datas e lugares que se publicarán en https://cemit.xunta.gal/ema, xunto coas condicións de realización e demáis características da proba. Todo elo en función da evolución da Covid-19.

Solicitudes:  inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT http://cemit.xunta.gal.

Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT.

Prazo para a inscrición: ata o 9 de xuño de 2021.

Destacar: As persoas admitidas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio coas instrucións necesarias para proceder a súa matriculación e deberán aboar no prazo de cinco días hábiles desde a data de publicación das listaxes provisionais a taxa correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídos aquelas persoas aspirantes que non aboen a citada taxa.

Taxa exame: 10,63 euros.Estarán exentas do pagamento da dita taxa as persoas incluídas dentro dos supostos de exencións recollidos no artigo 23.10 da Lei 6/2003 de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

O xustificante de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, así como calquera documentación complementaria no caso de exención, deberá presentarse electrónicamente no enderezo formacion-cemit@xunta.gal.

No hay comentarios: