Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas cales se rexerán os incentivos á contratación por conta allea e á formación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e, especialmente, daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade.
Inclúe catro tipos de axudas compatibles:
1. Incentivos á contratación indefinida inicial, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
2. Incentivos á contratación temporal, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación temporal de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
3. Incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos só no caso das persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
4. Incentivos á formación (opcional) dirixida ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial e temporal por medio deste programa, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
O prazo xeral para presentar as solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día 29 de xaneiro de 2022 e rematará o 30 de setembro de 2022. Pero logo habería que ver outros prazos específicos.
Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchando no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220128/AnuncioG0599-030122-0010_gl.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario