O Diario Oficial de Galicia (DOG n.º 17) publicou o 26 de xaneiro de 2022 unha nova convocatoria para acreditar a experiencia profesional das persoas traballadoras galegas.
Estas 3 cualificacións profesionais son as seguintes:
- Vixilancia e seguridade privada (SEA029_2): 240 prazas, nas unidades de competencia UC0080_2, UC0081_2 e UC0082_2.
Estas unidades de competencia correspóndense con dous certificados de profesionalidade completos:
- Vixilancia, seguridade privada e protección das persoas
- Vixilancia, seguridade privada e protección de explosivo
- Atención sociosanitaria a múltiples vítimas e catástrofes (SAN122_2): 170 prazas.
- Amarre de porto e monoboias (MAP404_!): 50 prazas.
Tamén se convocan 50 prazas na unidade de competencia UC0010_1 (Contribuír ás operacións de cuberta nunha embarcación pesqueira).
O prazo de inscrición desta convocatoria é desde o día 27 de xaneiro ata o día 23 de febreiro de 2022 (ámbolos dous incluídos).
Para poder presentarse deberán posuírse os seguintes requisitos:
- Ter experiencia laboral de alomenos 3 anos nos últimos 15 anos,
- Ou ter cursos de formación relacionados coa cualificación á que se queira presentar de 300 horas realizados nos últimos 10 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario