Persoas beneficiarias:
Titulares dun inmoble ou ben sobre o que se
pretendan realizar as actuacións.
A persoa solicitante deberá ser propietaria e deberá acreditar a plena
dispoñibilidade. No caso de beneficiarios que non teñan o inmoble ou ben o seu
nome no catastro deberán acreditar a titularidade xunto coa xustificación con:
escrituras de propiedade, testamento… Ademáis no caso de varios copropietarios
deberá aportar autorización de todos para a realización das actuacións.
A
totalidade dos requisitos establecidos na resolución deberán cumprirse antes do
remate do prazo de presentación de solicitudes.
Obxecto: Subvencións, en réxime de concorrencia non
competitiva, para a execución de actuacións de corrección de impactos paisaxísticos,
que deberán aplicar os criterios e recomendacións da Guía de color e materiales
de Galicia das doce grandes áreas paisaxísticas de Galicia e no caso de muros
de peche coa Guía de caracterización e integración paisaxística de valados;
concretamente, as relacionadas no artigo segundo da resolución, entre os cales
destacamos: tratamento de paredes
medianeras vistas, revestimento e pintado de fachadas actualmente en ladrillo
cerámico, hormigón ou sin revestir, renovación do acabado exterior das fachadas,
remate exterior das cubertas realizadas con placas de fibrocemento, acondicionamento
e mellora de peches de fincas de grandes dimensións, etc.. Os gastos
subvencionables son os indicados no seu punto cuarto. Deben de ser posteriores
a presentación da solicitude, as obras
non deben estar empezadas.
Contía: a contía máxima será do 70 % do orzamento do
investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000,00 €, por solicitante e
ben.
Prazo de presentación de solicitudes: do 20 de xaneiro de 2022 e ata o 19 de febreiro de 2022, ou ata o esgotamento do crédito.
Para máis información contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220119/AnuncioG0192-221221-0001_es.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario