lunes, 18 de julio de 2022

Asesoramento a empresas en dixitalización, para empresas turísticas (como hostalería) e agroalimentarias

 Dende o GDR Terras de Miranda infórmannos do lanzamento da convocatoria dun programa de asesoramento a *empresas en dixitalización*Trátase dun programa gratuito dispoñible para as empresas turísticas (como hostalaría) e agroalimentarias do seu territorio.


As empresas beneficiarias recibirán unha diagnose detallada coas súas debilidades, fortalezas, ameazas, oportunidades e áreas de mellora, con especial foco no ámbito da comunicación dixital. Tamén recibirán un asesoramento individualizado para a implantación das melloras identificadas e un seguimento da implantación das mesmas, con especial foco na comercialización online.

Os interesados e interesadas deben cumprimentar un formulario de preinscrición dispoñible na seguinte: ligazón: https://forms.gle/dw3e9haMYrE2Li6p8

O período de preinscrición comprende do *11 ao 29 de xullo de 2022*.

As bases da convocatoria están dispoñibles en:
https://drive.google.com/file/d/1y2VsgCttA1Z6xAvyM8Jh3Ytvrytc_pc-/view

No hay comentarios: