Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, á convocatoria para o ano 2022 dos incentivos á contratación indefinida inicial de mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo (código de procedemento TR770A).
Os incentivos previstos nesta orde serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais a tempo completo que se celebren desde o 1 de xaneiro de 2022 e ata o 30 de setembro de 2022 con mulleres desempregadas.
Para os efectos desta orde, entenderase por muller desempregada aquela que figure inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia no momento da súa contratación e que, pola súa vez, careza de ocupación segundo o informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, se é o caso, segundo certificado da mutualidade do colexio profesional, na data de alta no momento da súa contratación.
A contratación realizada coa muller desempregada pola que se solicita a subvención deberá ser indefinida inicial, incluída a modalidade de fixos-descontinuos dun mínimo de 9 meses de duración, e cunha xornada a tempo completo.
As contratacións polas que se solicita subvención deberán estar comunicadas, a través da aplicación Contrat@ á oficina pública de emprego que corresponda, no momento da solicitude.
Prazo solicitude: do 05/07/2022 ata o 30/09/2022, con carácter xeral. En todo caso, as solicitudes vanse resolvendo por orde de entrada ata o esgotamento do crédito.
Máis información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR770A&ano=2022&numpub=1&lang=gl
No hay comentarios:
Publicar un comentario