lunes, 11 de julio de 2022

Oferta de emprego: peón de recollida de lixo para cubrir vacacións

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN RECOLLIDA DE LIXO baixo a modalidade de contrato de traballo de sustitución, para cubrir vacacións, a xornada completa, desde o próximo día 9 de agosto ata o 24 de agosto de 2022.

O prazo de inscrición comenza hoxe día 12  e ata o 21 de xullo, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 22 de xullo de 2022, ás 10:30 horas, na casa consistorial.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info (apartado: taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver toda a información)

No hay comentarios: