martes, 30 de mayo de 2023

Axudas modernización comercio

 ORDE do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300G).


Obxecto:

1.As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o financiamento de proxectos de contido tecnolóxico, innovador e sustentable dirixidos a impulsar o emprego das novas tecnoloxías no sector comercial.

Establécense dúas liñas de axudas:

– Liña destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.

– Liña destinada a asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro.


2. As axudas financiadas de acordo con esta orde enmárcanse no Compoñente 13 Impulso á peme, Investimento I4 Apoio ao comercio, actuación 1.2 Programa de modernización do comercio: Fondo tecnolóxico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (en diante, PRTR).

Os proxectos subvencionables no marco do PRTR son os seguintes:

– Proxectos de novas tecnoloxías dirixidas a mellorar diferentes áreas da estratexia comercial en liña e en comunicación, do modelo de negocio e da experiencia de compra (gastos referidos á transformación dixital).

– Proxectos de novas tecnoloxías para a adaptación do espazo físico de venda, tanto ás novas necesidades e hábitos dos/das consumidores/as como aos novos modelos de xestión (gastos referidos á transformación do punto de venda).

– Proxectos de solucións tecnolóxicas para mellorar a eficiencia e sustentabilidade da entrega da última milla (gastos relativos á cadea de subministración e rastrexabilidade).

– Proxectos de aplicación de solucións tecnolóxicas para mellorar a eficiencia no consumo enerxético e dos recursos (gastos relativos á sustentabilidade e economía circular).

Prazo de solicitude:  desde  o 31/05/2023 ata o 30/06/2023, ou ata o esgotamento do crédito (van resolvendo por orde de entrada).

Máis información: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchando no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230530/AnuncioV0653-160523-0009_gl.html

No hay comentarios: