Están expostas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR ADMINISTRATIVO (INTERINIDADE), con adscrición aos servizos sociais municipais do Concello do Vicedo, a xornada parcial (75%), sendo a data de inicio o antes posible e ata a finalización da interinidade.
O prazo de solicitude comenza mañá día 30 de maio e remata o día 05 de xuño de 2023. As probas de selección e a valoración dos méritos realizaranse o día 06 de xuño de 2023, ás 10:00 horas na Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade de O Vicedo (Casa Cultura).
Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
No hay comentarios:
Publicar un comentario