jueves, 1 de febrero de 2024

Axudas para proxectos. Grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)

Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2024, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE155A)

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas, entre outros, as pequenas e medianas empresas e persoas traballadores autónomos

Os proxectos e as actuacións subvencionables deberán acadar algún dos obxectivos indicados a continuación:

a) Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaría do territorio.

b) Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.

c) Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.

d) Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.

e) Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.

Prazo presentación solicitudes: 01/02/2024-29/02/2024 

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou no GALP A Mariña-Ortegal, tamén nos seguintes enlaces

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE155A

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240131/AnuncioG0427-291223-0001_gl.html

https://galp.xunta.gal/como-presentar

No hay comentarios: