Este programa promove a creación
dunha bolsa de aluguer de vivendas privadas rurais, nos concellos piloto de A
Fonsagrada, O Valadouro e Xermade, representativos das comarcas da montaña, A
Mariña e a Terra Chá, sen prexuízo de
que poda extenderse ó resto de concellos da provincia de Lugo que conten con
menos de 5.000 habitantes.
Desta forma, os propietarios ou usufructuarios das vivendas, sen ánimo de lucro,
poderán beneficiarse dunha axuda por contía de 600,00 euros, por cada inmoble
que se poña a disposición da bolsa de aluguer cun período de permanencia de
3 anos.
Para axudar ós novos inquilinos, unha vez materializado o contrato de
arrendamento, os arrendadores teñen a obriga de rebaixar o importe da primeira
mensualidade ó 50% para atenuar os gastos que implica o cambio de
residencia. En total serán 50 axudas económicas.
Prazo de solicitude: dende o día
1.02.2024 ata o 29.02.2024
Máis información:
https://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/emprego/yparavivirlugohttps://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/31-01-2024.pdf#page=1
No hay comentarios:
Publicar un comentario