viernes, 2 de febrero de 2024

Axudas a comerciantes minoristas para transformación dixital, innovación e modernización

ORDE do 11 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para  a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal e se procede  a súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento CO300C).

Obxecto: subvencións para  a implantación e impulso da estratexia dixital e modernización dos sectores comerciais e artesanais.

Beneficiarios: 

- Comerciantes retallistas con domicilio social radique en Galicia, que non sexan recoñecidos como grande establecemento e que cumpran cos requisitos para exercer a actividade. Que teñan a condición de PEME. Que estean dados de alta na nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionen no anexo II e III. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, debera estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada co anexo II.  Que desenvolva a súa actividade nun establecemento cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE

- Obradoiros artesáns que estean escritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último día do prazo establecido para a presentación de solicitudes. 

Solicitudes: estas solicitudes serán presentadas obrigatoriamente por medios electrónicos.

Actuacións subvencionables e importe máximo sen IVE: 

1. Liña de dixitalización, subvención será do 75% tendo en conta en todo caso as inversións máximas subvencionables en función das actuacións e número de empregados. Inclúe implantación e actualización de páxina web con venda e sen venda en liña, mantemento de páxinas web, hardware e lector de códigos de barras, etc.

2. Liña de innovación

3. Liña de modernización. Inclúe entre otras as seguintes actuacións:

- Programa de eficiencia enerxética (portas automáticas, sistemas de iluminación e climatización eficientes...)

- Programa de reformas (obras de reforma e acondicionamento da superficie de venda, actuacións de mellora de fachada e instalación de rótulos, mobiliario auxiliar dirixido a mellora da imaxe comercial, sistemas de videovixilancia dixital...)

- Programa equipamento (compra de primeiro uso de maquinaria, ferramentas ou equipamentos auxiliares de fabricación externa cualificada que teñan relación directa coa actividade ou que melloren o deseño ou a calidade do produto final, etc.)

Non son subvencionables: ordenadores, teléfonos móbiles, televisores, reprodutores de son e imaxe, TPV (agás os establecidos no módulo I); compra de máquinas propias de proceso industrial; compra de máquinas e instrumentos para servizos profesionais; adquisición de mobiliario ou gastos relacionados co acondicionamento ou uso do establecemento comercial ou taller artesanal, materias primas para actividades artesanal; investimentos non relacionados coa realización da actuación subvencionable.

Cuantía da axuda: será do 60%. Inversión máxima subvencionable en función das actuacións e superficie de exposición e venda.

Prazo presentación de solicitudes: do 03/02/2024 00:00 ata o 04/03/2024, ás 23:59 horas.

Destacar: consideraranse subvencionables as actuaciós previstas no artigo 4 das bases, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de decembro de 2023 ata a data limite de xustificación establecida no artigo 22 (30 de setembro de 2024). A obriga de manter as inversións subvencionables por un período mínimo de 2 anos.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal, ou pinchando nos seguintes enlaces:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240202/AnuncioG0692-110124-0004_gl.pdf

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=CO300C


No hay comentarios: