lunes, 5 de febrero de 2024

Axudas o investimentos para empresas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

 Orde do 16 de xaneiro de 2024 da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede a súa convocatoria para a anualidade 2024 (código procedemento TR880A). DOGA DO 05 DE FEBREIRO DE 2024

Persoas Beneficiarias: traballadores autónomos e pequenas e medianas empresas, incluindo cooperativas e sociedades laboráis, que se encontren de alta e iniciasen a súa actividade desde o 1 de xaneiro de 2022

Que se subvenciona:

Os investimentos deberán ser realizados e pagados entre o 30 de setembro de 2023 e a data de presentación da solicitude. Son subvencionables:

-      Equipamento informático.

-      Activos intanxibles.

-      Inversións en eficiencia enerxética.

-      Adquisición de bens de equipo e mobiliario.

-      Reforma e rehabilitación das instalación do local de negocio.

-      Gastos notariales e/ou rexitrales.

-      Gastos de alquiler de inmobles para a realización da actividade.

-      Adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou bens de equipo de segunda man sempre que se cumplan determinadas condicións.

 

O importe mínimo das facturas a tener en conta é 300 euros, IVE excluido.

Existe a obriga de manter os bens un período mínimo de dous anos, ou cinco si son bens inscritibles nun rexistro público, e tamén manter durante dous anos desde a resolución da concesión, a actividade e a forma xurídica.

 Importe: dependerá da cuantía da inversión:

-      Entre 5.000 e 10.000 euros: 60%.

-      Entre 10.001 e 30.000 euros: 50%

-      Entre 30.001 e 50.000 euros: 40%

-      Entre 50.001 e 100.000 euros: 30%

 

Prazo e lugar presentación solicitudes: iniciase o día 12 de febreiro 2024 e finaliza o 28 de xuño de 2024 ou ata o esgotamento do crédito. A presentación debe ser obrigatoriamente por medios electrónicos e a orde de resolución é por orde de entrada con expediente completo.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchando no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240205/AnuncioG0656-160124-0003_es.html

No hay comentarios: