viernes, 26 de enero de 2018

AXUDAS A PERSOAS AUTÓNOMAS PARA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS



Beneficiarios: Persoas traballadoras autónomas ou profesionais pola primeira contratación con caracter indefinido de persoas desempregadas durante o primeiro ano de actividade de persoas desempregadas, e pola segunda e terceira contratación de caracter indefinido de persoas desempregadas nos tres primeiros anos de actividade.
Incompatibilidades:
-          Non poderán ser beneficiarias as persoas que desenvolvesen como autónomas a mesma actividade nos tres meses inmediatamente anteriores a data do inicio na nova situación de alta na Seguridade Social, de ser o caso.
-          Non poderán ser beneficiarias nin as sociedades civís, nin as comunidades de bens, nin persoas socias comuneiras nin autónomos colaboradores.
Destacar:
-          Serán subvencionables as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2017 ata o 30 de setembro de 2018.
-          A contratación inicial poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo discontinuo, e deberá comunicarse á oficina de emprego na forma reglamentaria.
-          Nos casos de xornada parcial farase un cálculo proporcioanl para a concesión da axuda.
-          Quedan excluídos os contratos realizados co cónxuxe, ascendentes, descendentes e demáis parentes ata segundo grado inclusive.
-          Excepción: poderanse contratar aos fillos/as menores de 30 anos ainda que convivan co solicitante. Poderáse contratar un só familiar menor de 45 anos que non conviva nin estea a cargo do solicitante.
-          Non se poden contratar pesoas que que traballaran na mesma empresa con contrato indefinido nos 24 meses anteriores, ou con contrato temporal nos últimos 3 meses; nin aquelas que remataran unha relación laboral indefinida noutra empresa nos tres meses previos (agás que sexa despedimento improcedente ou causa sinalada nesta orde).
Importe:
-          primeira persoa contratada indefinida: de 3.000 a 5.000 € (según colectivo), que se incrementará un 25% en cada un dos caos seguintes:mulleres; concello rural; maiores de 45 anos; emigrantes retornados.
-          segunda e terceira contratación indefinida: de 5.000 a 7.000 € (según colectivo) que se incrementará un 25% en cada un dos caos seguintes:mulleres; concello rural; maiores de 45 anos; emigrantes retornados.
Prazo de solicitude:
a) Para contratacións realizadas entre o 1/10/2017 e o 26/01/2018: dous meses desde o día de publicación desta orde
b) Para contratacións realizadas desde o 27/01/2017: ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
c) O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2018, aínda que non trancorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.  

Máis información: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?ruta=/srv/www/doga/Publicados/2018/20180126/Secciones1_gl.html&paginaCompleta=false&compMenu=10102

OFERTAS DE EMPREGO




 
Soldador/a para desenvolver a actividade nunha empresa ubicada na Mariña de Lugo. http://www.infojobs.net/ofertas-trabajo

miércoles, 24 de enero de 2018

CONVOCATORIA PROBA DE LIBRE PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL



NO DOG do 23 de xaneiro de 2018, publícase a convocatoria das probas para a obtención do título de bacharel para mayores de vinte anos no ano 2018.

REQUISITOS:
-      Ser maior de 20 anos ou cumprilos no ano 2018.
-      Non ter o título de bacharel nin equivalente.
-      Non estar cursando bacharel nin ter estado matriculado no mesmo no curso 2017/18.


SOLICITUDE: Anexo I, que se presentará en papel nos centros educativos sinalados nesta orde (os máis pretos do Vicedo: Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa s7n 27003 Lugo; EPA Eduardo Pondal, rúa estación 3-2º andar 15003 A Coruña).

DOCUMENTACIÓN:
-      Certificado de discapacidade se é o caso.
-      Certificacións académicas, copia compulsada do libro de escolaridade ou historial académico se se acredita ter superado materias para validar algún exercicio.
-      Se procede doutra comunidade autónoma e se solicita a exención en Lengua Galega e Literatura I eII, achegar certificado de residencia.

PRAZO solicitude: do 23 de febreiro ao 9 de marzo de 2018

Realización das probas: o día 20 de abril de 2018 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Máis información pinchando no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2018/20180123/Secciones2_gl.html

CONVOCATORIA PROBAS DE LIBRE PARA A OBTENCIÓN DO GRADUADO ESO


No DOG do 23 de xaneiro de 2018, publícase a convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2018.

REQUISITOS:
-      Teren feitos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
-      Non ter o título de graduado en educación secundaria.
-      Non estar nin ter estado matriculado no curso 2017/18 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
-      O alumnado matriculado durante o curso 2017/18 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se cumpre unha serie de requisitos (consultar).


SOLICITUDE: Anexo I, que se presentará en papel nos centros educativos sinalados nesta orde (os máis pretos do Vicedo: Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa s/n 27003 Lugo; EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requesens, s/n 15406 Ferrol)

DOCUMENTACIÓN:
-      Certificado de discapacidade se é o caso.
-      Certificación académica das materias superadas se é o caso.
-      Se se solicita a exención en Lengua Galega, acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país extranxeiro.

PRAZO matrícula:
-      Convocatoria de maio: 12 ao 23 de marzo de 2018.
-      Convocatoria de setembro: 2 ao 9 de xullo de 2018.

Realización das probas: en sesións de mañá e tarde o día 25 de maio de 2018 para a primeira convocatoria e o 7 de setembro para a segunda convocatoria.