jueves, 7 de junio de 2012

AXUDAS PARA INCENTIVAR O TURISMO ACTIVO, ACTIVIDADES DE LECER E TEMPO LIBRE

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convoca axudas para incentivar o turismo activo

BENEFICIARIOS:

Empresas (pemes) autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención.

De ser o caso, e segundo a natureza do investimento ou actividade proxectada, as empresas acreditarán a titularidade dos espazos onde se pretenda desenvolver a actuación ou ben, por calquera título válido en dereito, ter unha disposición sobre eles que permita realizar o investimento proxectado. O dito título de disposición terá que ser outorgado en escritura pública, e inscrito no Rexistro da Propiedade. En calquera caso, o beneficiario da subvención terá o pleno uso e desfrute dos espazos.

Será requisito imprescindible para a concesión destas axudas que a empresa solicitante inscriba ou teña inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT) a actividade turística para a cal se solicita a axuda. O titular que figura no REAT ten que coincidir co solicitante e posible beneficiario da subvención para esa actividade en concreto.

Os requisitos para ser beneficiarios deberán cumprirse ao remate do prazo de presentación de solicitudes.

INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES
 
Consideraranse obxecto de subvención as seguintes liñas de actuación:

Liña A) Investimentos para a mellora das infraestruturas para o desenvolvemento de actividades hípicas, náuticas, golf e oferta turística complementaria.

Liña B) Investimentos para a adquisición e/ou renovación de material para a práctica das actividades obxecto da convocatoria bicicletas, piraguas, embarcacións, material golf, sendeirismo, material para centros BTT, etc.).

Os centros BTT son instalacións de apoio á práctica do ciclismo de montaña nas cales os usuarios poderán atopar todo tipo de Servizos e rutas para a práctica desta actividade deportiva en Galicia. Un centro BTT defínese como un produto turístico destinado a promover a bicicleta de montaña.

Liña C) Creación de novas ofertas. Gastos de promoción e difusión, así como ferramentas ou aplicacións web para a promoción e comercialización dos produtos en sitios web propios ou de terceiros (webs, redes sociais ou blogs), específicos dos produtos desenvoltos.

Unicamente poderán recibir subvención aqueles proxectos que se inicien e executen unha vez confirmada pola Secretaría Xeral para o Turismo a súa elixibilidade.
FIN PRAZO SOLICITUDE: 06/07/2012

No hay comentarios: