Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 7 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPACIOS NATURAIS, a media xornada, para a tempada de verán/2012, do 1 de xullo o 31 de agosto.
Requisitos que deben cumprir os candidatos:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión do certificado de estudios primarios ou certificado de escolaridade.
Todos os requisitos anteriores deberán posuírse o día en que remate o prazo de presentación de instancias e deberán presentarse nas oficinas municipais coa solicitude (DNI e xustificante de estudios realizados).
O prazo de solicitude remata o próximo día 27 de xuño, ás 9:30 horas, celebrándose ese mesmo día o proceso selectivo a partir das 10:00 horas na Casa da Cultura.
Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario