Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun educador infantil para o Punto de atención á infancia.
Os requisitos para os candidatos son:
- Ser español ou cidadán da Unión Europea.
- Estar en posesión do título de Técnico superior en educación infantil ou mestre especializado en educación infantil.
- Ter coñecementos de primeiros auxilios.
- Dispoñer do carné de manipulador de alimentos.
- Estar vacinado contra a rubéola.
- Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes a ese posto.
O prazo de inscrición finaliza o día 20 de xuño ás 9:30 horas, a partir das 13:00 do mesmo día realizaranse as probas de selección.
Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura de O Vicedo, ou chamando ó 982590195.
No hay comentarios:
Publicar un comentario