martes, 13 de marzo de 2018

OFERTA DE EMPREGO LIMPADOR/-A A XORNADA COMPLETA

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal,  mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADOR/-A, a xornada completa. A data de inicio prevista é o día 06  de abril de 2018,e por un período de 6 meses.

O prazo de inscrición queda aberto desde o día 14 de marzo ata o día 23 de marzo de 2018, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 27 de marzo de 2018, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (Ir a taboleiro de anuncios e pinchar en + para ver tódalas publicacións)

No hay comentarios: