OBXECTO:
AXUDAS Á CONTRATACIÓN LABORAL DE PERSOAS EMPADROADAS EN O VICEDO
BENEFICIARIOS:
SOCIEDADES EMPRESARIAIS, AUTÓNOMOS, UTES, COMUNIDADES DE BENS, ASOCIACIÓNS E
FUNDACIÓNS.
REQUISITOS:
-
Dos traballadores contratados:
X Figurar empadroadas no Concello de O Vicedo como
mínimo 12 meses antes da solicitude, e deberá manter ese empadroamento
durante a vixencia da subvención.
X Estar inscritas
no Servico Público de Emprego como demandantes de emprego ou como
demandantes de mellora de emprego.
X Ter máis de 16
anos.
X Non ter
abandonado voluntariamente nin ser despedido procedentemente dun posto de
traballo subvencionado ao abeiro do PEM nos últimos 24 meses anteriores
(excluíndo causas de mellora de emprego)
-
Das empresas beneficiarias:
X Contratar unha o
varias persoas que cumpran os requisitos requeridos.
X Contrato mínimo inicial de catro meses.
X Non prestar
servizos ao Concello de O Vicedo a través da modalidade contractual de xestión
o prestación de servizos recollidas na legislación de contratos.
X Os contratos por obra, ademáis de
cumplir o mínimo de catro meses, deben
sinalar unha data concreta de finalización.
X Non ter realizado
despedimentos improcedentes ou nulos nos seis meses anteriores á solicitude.
X Non ter despedido
á mesma persoa para acollerse ao PEM.
X Non ter
contratada á mesma persoa ao abeiro do PEM nos últimos 24 meses.
X Non ter esgotado
os anos de subvención do PEM para a
mesma persoa.
X Non ter esgotado
os anos de subvención do PEM por unha persoa e a substitúa para solicitar unha
nova contratación sen manter con carácter fixo o posto de emprego anteriormente
subvencionado.
X Non ter
contratada á mesma persoa pola que se solicita a subvención durante un período
superior a tres anos.
X Estar ao corrente
das obrigas tributarias coa Facenda Estatal, Autonómica, Concello de O Vicedo e
Seguridade Social.
X Non estar incurso
en prohibición para obter a condición de beneficiario.
X Comunicar a
concesión de calquera subvención ou axuda para a mesma finalidade.
IMPORTE
MÁXIMO DA SUBVENCIÓN: período máximo de tres anos.
CONTRATACIÓNS
INDEFINIDAS
|
CONTRATACIÓNS
TEMPORAIS
|
|
HOMES
|
2.400 € (800
€/año)
|
1.500 € (500
€/año)
|
MULLERES
|
3.000 € (1.000
€/año)
|
1.800 € (600
€/año)
|
* Contratacións inferiores a 12 meses ou xornadas parciais: calcularase a parte proporcional.
PRAZO
DE SOLICITUDE:
Durante
todo o ano mentres non se esgote o crédito orzamentario, e sempre no prazo dun mes contado desde a data de alta do traballador na Seguridade
Social por parte da empresa solicitante.
MÁIS
INFORMACIÓN E SOLICITUDES: contactar coa Axente de emprego e
desenvolvemento local do concello de O Vicedo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario