martes, 6 de marzo de 2018

SELECCIÓN LIMPADOR/-A A MEDIA XORNADA

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal,  mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADOR/-A, a media xornada. A data de inicio prevista é o día 28  de marzo de 2018, e por un período de 6 meses.

O prazo de inscrición comenza maña día 7 de marzo e remata o vindeiro día 16 de marzo, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día  20 de marzo 2018, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

No hay comentarios: