Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante
concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial
(30 horas/semana), con adscrición ao srvizo municipal de axuda ó fogar do
concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista é o día 06 de abril, e por
un período de seis meses.
O prazo de inscrición queda aberto desde o día 14 de marzo de 2018 ata o día 23 de marzo de 2018, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 27 de marzo de 2018, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (Ir ao apartado de taboleiro de anuncios, e pinchar no + para ver todo)
No hay comentarios:
Publicar un comentario