lunes, 26 de marzo de 2018

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE INSTALACIÓN DE ASCENSORES E OUTROS DISPOSITIVOS DE ACCESIBILIDADE EN EDIFICIOS DE TIPOLOXÍA RESIDENCIAL COLECTIVA, NAS SÚAS VIVIENDAS DÚPLEX E EN VIVENDAS UNIFAMILIARES, CONVOCADAS PARA O ANO 2018.


Será subvencionable a instalación de ascensores, elevadores, salvaescaleiras e demáis dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares que carezan deles. NON serán subvencionables as actuacións nas que se iniciaran as obras antes da data de presentación da solicitude. Si serán subvencionables ás actuacións preparatorias realizadas antes da data de presentación da solicitude tal como honorarios de profesionais, informes técnicos, certificados e gastos de tramitación administrativa, asi como costes de equipacións e materiais en obra civil e en man de obra necesaria para a instalación.

Beneficiarios: comunidades de persoas propietarias, persoas físicas propietarias únicas de edificios de vivendas, persoas físicas propietarias dun dúplex nun edificio de tipoloxía residencial colectiva e persoas físicas propietarias dunha vivenda unifamiliar. No caso dos dúplex nun edificio de tipoloxía residencial colectiva e vivenda unifamiliar,  exixirasque os ingresos ponderados da unidade de convivencia do beneficiario non superen 3,5 veces o IPREM.
Os propietarios dos dúplex ou vivendas unifamiliares deberán acreditar que residen na vivenda mediante certificado de empadroamento.

Gastos subvencionables: honorarios dos profesionais que interveñan, informes técnicos e certificados necesarios, gastos derivados da tramitación administrativa e os custos en equipamentos, materiais, obra civil e man de obra asociada á instalación. No custo total das obras NON se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos. Instalación de dispositivos de accesibilidade complementarios ao ascensor ou elevador cando as limitacións de accesibilidade así o requiran. Só se subvencionará un ascensor por portal/vivenda. Instalación de dispositivos de accesibilidad complementarios

Contía: varía en función do número de vivendas en caso de edificios e da súa situación:

SITUACIÓN
TIPOLOXÍA
%SUBV.
IMPORTE MÁXIMO
Situadas en ámbitos históricos e dos camiños de Santiago
Vivendas unifamiliares e dúplex
60
4.500 €
Edificios tipo residencial colectiva con 8 ou menos vivendas
60
35.000 €
Edificios residencial colectiva con máis de 8 vivendas
60
28.000 €
Non situadas en ámbitos históricos e dos camiños de Santiago
Vivendas unifamiliares e dúplex
60
2.500 €
Edificios tipo residencial colectiva con 8 ou menos vivendas
60
25.000 €
Edificios residencial colectiva con máis de 8 vivendas
60
18.000 €
En calquera caso, cando a actuación consista na instalación dun salvaescaleiras a contía será do 60% do gasto subvencionable cun límite de 1.000 € para salvaescaleiras de cadeira e límite de 2.000 € para salvaescaleiras de plataforma.
Cando sexa necesario instalar dispositivos de accesibilidade complementarios ao ascensor ou elevador, a contía será a suma de cada unha das axudas dispostas para cada dispositivo.
Solicitudes: presentación electrónica para as comunidades de propietarios. Persoas físicas en papel ou electrónica.

Prazo presentación de solicitudes: comenza mañá día 27 de marzo e rematará o 30 de maio de 2018, ou antes no caso de que se esgote o crédito.

Destacar:
- O prazo de execución das actuacións non poderá ser superior a 12 meses, desde o día seguinte á notificación da resolución.
- Non poderán ser beneficiarios aqueles que xa o foran para o mesmo programa nos últimos cinco anos.
-    As solicitudes resolveránse por orde de entrada.
- No caso de que o importe supere os 40.000 euros, será necesaria a presentación de tres presupostos.

No hay comentarios: