jueves, 31 de marzo de 2022

Maratón de emprendemento

 

O programa céntrase en potenciar o emprendemento e a implantación de novos modelos de negocio, creando solucións innovadoras e diferenciais, apoiándose nos recursos naturais e poboacionais, mediante un Maratón de emprendemento de 3 días, a realizar de forma presencial.

A maratón, que realizarase no territorio  do GDR Terras de Miranda, durante os días 22,23 e 24 de abril, no Pazo San Tomé de Mondoñedo , dende o venres pola tarde hasta o domingo a mediodía.  Finalizando con unha presentación de proxectos, dos que un xurado seleccionará catro  por territorio de cada GDR, que serán os que leven como premio unha pequena aportación económica para poñer en marcha o mesmo.

A cuantía dos premios é a seguinte:

3 premios de 2.500€

3 premios de 1.500€

6 premios de 500€

Unha vez rematada a maratón, comezaría a Incubadora Rural de Caixabank, na que durante 6 meses os proxectos gañadores recibirán mentorización por parte de profesionais directivos de Caixabank e Rural Talent, así como por parte de empresas referentes de Galicia.

No hay comentarios: