miércoles, 2 de marzo de 2022

AXUDAS PARA A RENOVACIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS

Resolución do 16 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2022 (códigos de procedemento IN414B e IN414C)

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará o día 02 de marzo e rematará o 30 de xuño de 2022 e para solicitar a súa adhesión a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de adhesión .

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 23 de marzo de 2022 ás 9.00 e rematará o 30 de setembro de 2022 ou cando se esgoten os fondos. A entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de solicitude de axuda .

Máis información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN414B

 https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN414C

No hay comentarios: