viernes, 18 de marzo de 2022

Publicación das bases para a concesión das tarxetas Bono turístico #QuedamosenGalicia22

 No DOG de hoxe día 18/03/2022, publícanse as bases reguladoras que teñen por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a concesión do Bono turístico #QuedamosenGalicia22. Este bono turístico consistirá nunha tarxeta prepagamento para a súa utilización nos establecementos e/ou para as prestacións turísticas ofertadas polas empresas adheridas ao programa Bono turístico #QuedamosenGalicia22 e que se atopan publicadas na web da Axencia Turismo de Galicia no portal promocional de Turismo de Galicia, https://www.turismo.gal/quedamosengalicia22

A persoa solicitante poderá elexir entre tres importes de tarxeta prepago:

Importe total tarxeta

Aportación solicitante

Aportación Administración

500 Euros

300 Euros

200 Euros

375 Euros

225 Euros

150 Euros

250 Euros

150 Euros

100 Euros

 

Poderán ser beneficiarias deste Bono turístico #QuedamosenGalicia22 as persoas físicas maiores de idade que estean empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cada persoa física unicamente poderá solicitar e ser adxudicataria dun Bono turístico #QuedamosenGalicia22.

Non poderán solicitar nin ser beneficiarias desta nova edición do Bono turístico #QuedamosenGalicia22 as persoas que xa resultaron beneficiarias na segunda edición do Bono turístico (#QuedamosenGalicia21).

Prazo de presentación de solicitudes: comenzará ás 00:00 horas do día 21 de marzo e finalizará o día 02 de maio de 2022, pero van concendéndose por orde de entrada, ata o esgotamento do crédito.

Lugar de presentación: obligatoriamente por medios electrónicos.

Máis información e solicitudes: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU985D&ano=2022&numpub=1

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220318/AnuncioG0256-170322-0001_es.pdf

No hay comentarios: