No DOG de hoxe 08/03/2022 publícase a RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2022 pola que se determinan as condicións de adhesión das empresas turísticas ao programa Bono turístico #QuedamosenGalicia22 e se abre o prazo mañá día 09/03/2022 para a presentación das solicitudes de participación
Poderán solicitar a súa adhesión aquelas empresas, empresarios ou agrupacións empresariais que dispoñan de aloxamentos, excepto as vivendas de uso turístico, e tamén as axencias de viaxe que, con independencia do lugar en que radique a súa sede social, desenvolvan as súas actividades dentro do sector turístico vinculado a Galicia e presten os servizos, actividades ou produtos vinculados a este programa na Comunidade Autónoma de Galicia.
Todas estas empresas deberán estar dadas de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) no momento da publicación desta convocatoria, ter coñecemento da sinatura que se lles proporcionou no momento da alta no citado rexistro e dispoñer de TPV con número de comercio que os identifiquen no servizo de pagos, para a execución das correspondentes operacións de pagamento efectuadas coas ditas tarxetas.
Máis información:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220308/AnuncioG0256-010322-0001_gl.pdf
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU985C
No hay comentarios:
Publicar un comentario