miércoles, 23 de marzo de 2022

Axudas a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de banda larga ultrarrápida

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR604A).<https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220323/AnuncioG0177-100322-0001_gl.html>

Beneficiarias

As empresas privadas, xa sexan persoas físicas que realicen actividade económica ou persoas xurídicas legalmente constituídas, que acrediten, coa solicitude de subvención, o cumprimento dos seguintes requisitos:

– Ter domicilio fiscal ou polo menos un centro de traballo en Galicia.

– Non ter contratado nin poder contratar en condicións de mercado, na localización obxecto de solicitude, servizos de banda larga ultrarrápida, con trinta (30) ou máis megabits por segundo de descarga (fluxo de datos no sentido da rede ao usuario), estando polo tanto illada das redes que prestan estes servizos.

– Non estar no marco de actuación de plans de despregamento en curso de redes de banda larga ultrarrápida, e estar polo tanto a empresa illada destas redes.

Finalidade

Concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida.


A intensidade da subvención que se poida conceder a cada beneficiario coincidirá coa indicada na súa solicitude cun máximo de 20.000 euros de subvención por proxecto subvencionado, sen menoscabo das limitacións adicionais que estableza o marco normativo de aplicación.

Prazo de presentación de solicitudes

Corenta e cinco (45) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día fose inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil.

No hay comentarios: