martes, 11 de octubre de 2022

NOVA EDICIÓN DOS BONOS COMERCIA , CON DESCONTOS PARA GASTAR NOS COMERCIOS MINORISTAS ADHERIDOS

 OBXECTIVO: Incentivar a demanda comercial

 BONOS ACTIVA COMERCIO:

Cada bono terá un valor de 30 euros, pode ser usado en varios establecementos, e con el poderán obterse descontos:

-Desconto de 5 euros para compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 (IVE incluido).

-Desconto de 10 euros en compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 (IVE incluido).

  -Desconto de 15 euros en compras iguais ou superiores a 50 euros (IVE incluido).

Os bonos estarán dispoñibles para o público en xeral (maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia) desde o 24 de outubro de 2022 e a súa validez extenderase ata o 31 de decembro de 2022, na web https: //www.bonosactivacomercio.gal, e  terán unha validez de tres meses.

COMERCIOS MINORISTAS QUE PODEN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA DE BONOS: os establecementos minoristas interesados poderán solicitado na web http://www.bonosactivacomercio.gal. DESDE O 13 DE OUTUBRO DE 2022 E ATA O 30 DE NOVEMBRO DE 2022.  Principais requisitos para poder adherirse:

-Desenvolver a  súa actividade comercial en Galicia.

- Ser empresarios autónomos ou pequenas e medianas empresas.

- Estar de alta nalgún dos epígrafes do IAE que aparecen nesta orde, publicado no DOG de 11/10/2022 (pinchar no seguinte enlace e ver anexo I: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221011/AnuncioV0653-300922-0001_gl.pdf. )

FUNCIONAMENTO DOS BONOS:

-          Os comerciantes adheridos recibirán semanalmente na conta bancaria indicada, a cantidade equivalente a os bonos canxeados no seu establecemento.

-          Para canxear os bonos e poder aplicar os descontos os comerciantes terán que descargar no seu móvil a APP corespondente, e no momento da compraventa, o comerciante terá que introducir nesa APP o importe e concepto da venda, aparecendo automáticamente o importe a cobrar (aplicado xa o desconto ao cliente). Pola sua parte, o usuario deberá mostrar o bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra.

 

OBRIGAS DOS COMERCIOS ADHERIDOS:

-          Anunciar no exterior do establecemento a adhesión ao programa.

-          Realizar o desconto directo do bono, sin que  o usuario chegue a desembolsar o importe do desconto.

-          Especificar na zona de caixa, de forma visible, a política de devolución.

-          Someterse de ser o caso as actuacións de comprobación e vixilancia necesarias.

-          Conservar durante un ano os tickets de compra e facturas xustificativas da aplicación dos bonos.

-          Custodiar as claves de acceso á plataforma co fin de evitar un uso indebido da mesma.

No hay comentarios: