Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na súa sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha operario/-a de servizos múltiples, a xornada completa. A data de inicio prevista é o día 2 de novembro de 2022, e cunha duración de seis meses.
O prazo de inscrición queda aberto desde mañá día 11 e ata o día 20 de outubro de 2022. A selección realizarase o día 25 de outubro de 2022, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1
No hay comentarios:
Publicar un comentario