martes, 25 de octubre de 2022

Publicación no BOP das bases para a selección dun Administrativo/-a, como funcionario interino, dentro do programa "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2022"

No BOP de Lugo do día 24/10/2022 publícanse as bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO/-A, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2022", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.


O prazo de solicitude é de 8 días naturais a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde o día 25 de outubro de 2022 ata o día 2 de novembro de 2022 (por ser o día número 8 o día 1 de novembro, que é inhábil).

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

No hay comentarios: