Entidades beneficiarias.- persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas traballadoras por conta allea.
Obxecto.- contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e entidades sen ánimo de lucro, especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral.
Tipos de axuda.- existen distintos tipos de axuda:
1) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
2) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.
3) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-discontinuos a un mínimo de 9 meses.
4) Axudas para a adaptación dos postos de traballo de persoas con discapacidade.
5) Transformación en indefinidos dos contratos formativos subvencionados con cargo ao programa da primeira experiencia profesional.
Prazo: con caráter xeral, comenzará o 17/02/2026, ás 9:00 horas, e rematará ás 20:00 horas do 30 de setembro de 2026.
Máis información: contactar coa Axente de Emprego e Desenvolvemento Local ou pinchando nos seguintes enlaces: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260210/AnuncioG0767-130126-0010_gl.html , TR342C - Programa de incentivos á contratacion por conta allea. - Sede electrónica - Xunta de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario