Nova oferta de formación complementaria en liña no marco do proxecto Mar e Rías Pesca & Turismo, orientatada a reforzar a capacitación en pesca turismo e turismo mariñeiro.
Esta iniciativa está dirixida tanto ás persoas que desenvolven actividades de pesca turismo ou turismo mariñeiro como a aquelas interesadas en emprender neste ámbito. O obxetivo é fortalecer competencias clave vinculadas á atención ao público e á mellora da experiencia turística asociada ao sector pesqueiro.
A formación estrutúrase en cursos titorizados en liña, cun prazo dun mes para a súa realización unha vez formalizada a inscrición. Ao remate de cada acción formativa, as persoas participantes recibirán un certificado acreditativo de que completaron o curso.
Os cursos irán abrindo progresivamente ao longo de febreiro:
-
Semana
do 9 de febreiro:
Habilidades sociais e atención ao público.
-
Semana
do 16 de febreiro:
Atención a persoas con discapacidade.
- Semana do 23 de febreiro: Inglés para atención turística
As inscricións deberán realizarse a través da web pescaeturismo.gal, na sección Formación → Cursos, https://formacion.osmaresdabaixura.com/catalogo-cursos/, onde se pode consultar a información de cada curso e seleccionar as accións formativas á que apuntarse.
Esta oferta formativa enmárcase no proxecto de cooperación Mar e Rías Pesca & Turismo, no que participan os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia, baixo a coordinación do GALP Ría de Pontevedra. O proxecto ten como obxectivo estender a todas as comunidades costeiras galegas a promoción das actividades de pesca turismo e turismo mariñeiro dende o propio sector pesqueiro, contribuíndo á diversificación da actividade e á posta en valor do coñecemento e da identidade mariñeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario