PROGRAMA DE AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS (PROCEDEMENTO TR349F)
OBXECTO: Contratacións, realizadas por persoas
traballadoras autónomas ou profesionais, indefinidas iniciais de persoas
desempregadas.
TIPOS DE AXUDA:
1.
Bono de contratación, subvención para a contratación
indefinida inicial de persoas desempregadas.
2.
Bono formación (opcional)
PRAZO SOLICITUDE: Próxima apertura o 11/02/2026, terase en conta a orde de entrada
ata o esgotamento do crédito.
PROGRAMA DE AXUDAS ÁS PERSOAS
TRABALLADORAS AUTÓNOMAS, COFINANCIADAS PARCIALMENTE POLA UNIÓN EUROPEA NO MARCO
DO FSE+GALICIA 2021-2027:
Hai distintos programas:
Programa I. Promoción do Emprego autónomo. Para traballadores autónomos que causen alta entre o
1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026, e existen dúas liñas de axuda:
Liña 1.- Axuda para apoiar as persoas desempregadas no inicio da
actividade e no mantemento do emprego como persoa traballadora
autónoma, segundo a súa situación no
momento de inicio da actividade laboral, coas seguintes contías:
1.1. 2.000 € para persoas desempregadas en xeral.
1.2. 4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se atopen nalgún
dos seguintes colectivos no momento de alta no RETA ou en calquera outro réxime
especial por conta propia da Seguridade Social ou na mutualidade
correspondente, que non serán acumulables:
a) Persoas menores de 30 anos.
b) Persoas desempregadas de longa duración.
c) Persoas desempregadas con discapacidade ou en situación de
dependencia.
d) Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de
exclusión social.
e) Persoas desempregadas que teñan a condición de emigrante retornada.
f) Persoas desempregadas que teñan a condición de estranxeira.
g) Persoas maiores de 52 anos.
1.3. A contía base correspondente incrementarase nun 15 % nos seguintes
casos:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de
carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.
c) Persoas maiores de 45 anos (incremento non aplicable a letra g) do
punto 1.2 deste artigo).
d) Persoas trans.
e) Profesións e oficios en que a muller estea subrepresentada, segundo a
definición recollida no artigo 5.11) desta orde e cuxa relación figura na sede
electrónica da Xunta de Galicia.
Estes cinco incrementos son acumulables e, deste xeito, a contía máxima
posible, de aplicárense todos os incrementos, sería de 7.000 €.
Liña 2.- Axudas para apoiar o mantemento como traballador autónomo:
-
Axudas
equivalente ao custo da cota reducida da Seguridade Social durante os 12
primeiros meses.
-
Axuda
adicional para os novos autónomos dos sectores agrícola, gandeiro e silvícola,
durante os 12 primeiros e outros 12 meses máis, ata un total de 24 meses.
Programa II. Bono nova oportunidade, destinado a facilitar a volta á actividade económica
das persoas traballadoras autónomas que non tiveron éxito no seu anterior
intento.
Programa III. Programa bono autónomo, destinado a consolidación de traballadores autónomos
que superaron os 42 meses de vida, co obxecto de mellorar a súa
competitividade, subvencionando os seguintes tipos de investimentos:
• Compra de maquinaria.
• Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
• Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais
críticos ou escasos.
• Compra de utensilios e ferramentas
• Reforma do local ou espazo do negocio.
• Equipamento informático.
• Equipamento de oficina e/ou negocio.
• Rótulos.
• Aplicacións informáticas, creación e desenvolvemento de páxinas web,
apps e redes
sociais.
• Deseño de marca
Programa IV. Bono remuda, destinado a evitar o peche de negocios por falta de
remuda xeracional.
Programa V. Bono concilia, axudas para promover a conciliación de persoas
traballadoras autónomas.
PRAZO SOLICITUDE: Próxima apertura o
11/02/2026, terase en conta a orde de entrada ata o esgotamento do
crédito.
Subvencións para
promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes
galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega.
PRAZO SOLICITUDE: Próxima apertura o
09/02/2026, terase en conta a orde de entrada ata o esgotamento do
crédito.
MÁIS INFORMACIÓN: Contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento
local ou pinchando nos seguintes enlaces:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341D
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR341Q
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341R
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR353D
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&langId=es_ES&codtram=TR349F
No hay comentarios:
Publicar un comentario