martes, 10 de febrero de 2026

BONO EMANCÍPATE. ANO 2026. CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE (DOG 10/02/2026)

OBXECTO:

O Bono Emancípate 2026 ofrece unha axuda económica para persoas mozas que alugan ou mercan unha vivenda, co obxectivo de cubrir gastos iniciais da emancipación (non inclúe o pago do aluguer nin o pago do prezo da vivenda). A axuda permite pagar:

- Mobles

- Electrodomésticos

- Utensilios de cociña

- Artigos de baño

- Téxtil de fogar

- Artigos de decoración.

A axuda utilízase a través dunha tarxeta virtual, só en establecementos físicos de Galicia. Non permite compras por internet.

Contía da axuda:

-1.500 € para persoas que aluguen.

-3.000 € para persoas que merquen unha vivenda.

A tarxeta caduca o 31 de decembro de 2026.

BENEFICIARIOS/-AS:

Poden pedir a axuda as persoas que cumpran TODOS estes requisitos:

1.-Ter entre 18 e 35 anos no momento da solicitude da axuda.

2.-Ter nacionalidade española, ou dalgún dos Estados Membros da UE/do Espazo Económico Europeo ou de Suíza, ou ter parentesco segundo a normativa de aplicación. No caso de persoas estranxeiras non comunitarias: ter residencia regular en España.

3.- Ter ingresos regulares (ter traballo, ser persoal investigador ou en formación ou percibir unha prestación periódica) Débese demostrar:

Vida laboral mínima: 3 meses nos últimos 6 meses antes da solicitude ou compromiso de ingresos durante 6 meses desde a solicitude.

No caso de ter máis dunha fonte de ingresos sumaranse todas.

4.- Cumprir os límites de ingresos segundo unidade de convivencia.

5.- Ter un contrato de alugueiro ou escritura de compravenda formalizados despois do 30 de abril de 2025 e, en todo caso, antes da data de remate do prazo de solicitudes.

O contrato de alugamento ten que ter unha duración mínima dun ano, e no caso de compravenda a vivenda deberá constiturír a súa residencia habitual e permanente por un prazo de, polo menos, cinco anos, contados desde a data da formalización da escritura pública de compravenda.

6.-Estar empadroada/o na vivenda pola que se solicita a axuda no momento de presentar a solicitude.

7.-Non posuír:

- Outra vivenda en propiedade (agás casos de separación, herdanza sen testamento ou vivenda inaccesible por discapacidade).

- Parentesco ata 2º grao coa persoa arrendadora ou vendedora.

- Participación societaria na empresa arrendadora ou vendedora.

Non ter recibido a axuda do Bono Emancípate 2025.

8.-Estar ao día coas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e coa Xunta.

Cada vivenda só pode recibir unha axuda. Se varias persoas conviven e piden a axuda xuntas, repártese a contía entre elas a partes iguais.

solicitudes, Prazo e  lugar de presentación: obrigatorio presentación electrónica, apertura do prazo o próximo 13/02/2026 , ás 09:00 horas. O prazo finaliza o 30/04/2026 20:00, ou con anterioridade co esgotamento do crédito. As solicitudes vanse resolvendo por orde de entrada, con expediente completo.

É necesario indicar teléfono móbil, necesario para activar a tarxeta.

Debe achegarse a seguinte documentación ou indicar se xa se presentou con anterioridade:

-  Representación, no caso de non figurar inscrito no Rexistro de Apoderamentos de Galicia.

-   Contrato de alugueiro ou escritura de compravenda.

-   Documentos que acrediten ingresos (contratos, certificados, prestacións…).

-   Documentación específica se existe separación, discapacidade ou vivenda herdada.

-   Anexos II e III (se hai convivencia ou non se presentou IRPF).

MÁIS INFORMACIÓN: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260210/AnuncioG0766-220126-0001_gl.pdf

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=CT501B&ano=2026&numpub=1

No hay comentarios: