Consellería
de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
RESOLUCIÓN
do 28 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Política
Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e
gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios
das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga
2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).
Obxecto.
Esta resolución ten por obxecto anunciar a convocatoria, con
carácter gratuíto, de cursos preparatorios para a consecución dos
certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4.
Os
cursos do nivel 1 impartiranse na modalidade de teleformación.
Na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística
(http://www.lingua.gal) anunciarase, o mesmo día da publicación
desta resolución, a súa convocatoria específica.
As
solicitudes dos cursos de teleformación efectuaranse de acordo coa
convocatoria específica publicada na páxina web
http://www.lingua.gal.
Os
cursos dos niveis 2, 3 e 4 impartiranse na modalidade presencial
nas datas, lugares e horarios recollidos no anexo II.
En Viveiro está previsto o seguinte curso:
Código: CL320172706601
Lugar: IES María Sarmiento
Rúa Misericordia, 58
Datas: do 18.4.2017 ao 9.6.2017
Horario:das 19.00 ás 21.00 h.
Días: de luns a xoves
Venres: das 18.00 ás 20.00 h.
As
solicitudes dos cursos presenciais dirixiranse á xefatura
territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria da provincia que corresponda. Os formularios de
solicitude, segundo o modelo ED104B, estarán dispoñibles na sede
electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal
e na páxina web http://www.lingua.gal, que permiten cubrir e editar
a solicitude.
Destinatarios/as
dos cursos. Os cursos preparatorios para os certificados de
lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas
maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural
da convocatoria.
O
prazo
para presentala rematará
o 28 de marzo de 2017.
Máis información:
No hay comentarios:
Publicar un comentario