A XUNTA ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS
LITAS DE EMPREGO TEMPORAL DA ADMINISTRACIÓN GALEGA
-As persoas interesadas terán de prazo desde
o 1 de marzo ata o 15 de xullo
-Estas listas son utilizadas pola Xunta para cubrir vacantes, facer
substitucións e reforzar os servizos públicos
-A inscrición poderase realizar en 21
listas, das que sete se abren neste 2017
-Ademais, a Xunta actualiza os méritos das
persoas inscritas en cada unha das listas para determinar a orde de prelación
dos aspirantes
A Xunta de Galicia abre o prazo de
inscrición nas listas de emprego temporal da Administración galega. Calquera
persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá inscribirse nas bolsas
para o nomeamento de funcionarios interinos e contratación de persoal laboral
temporal da Xunta de Galicia.
O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o 1 de marzo, ata o vindeiro
15 de xullo, segundo recolle unha resolución da Dirección Xeral da Función Pública no Diario Oficial
de Galicia (DOG)
de hoxe. Estas listas son utilizadas pola Xunta para cubrir vacantes, facer
substitucións e reforzar os servizos públicos.
O número de listas que estarán abertas á inscrición é de 21. Delas, 10
listas son para traballar como funcionario interino e outras 11 para traballar
como contratado laboral. Respecto a 2016 ábrense sete listas, catro de
funcionarios interinos e tres de laborais.
Todas aquelas persoas interesadas en apuntarse a estas listas de emprego
temporal deberán presentar a instancia que se pode descargar na web da Xunta de
Galicia (www.xunta.gal), no apartado de Listas de Contratación.
As persoas que xa forman parte desta bolsa non é preciso que se anoten de novo.
O acceso ao emprego temporal na Xunta realízase a través do nomeamento de
persoal funcionario interino ou da contratación temporal de persoal laboral. En
ambos casos, as persoas seleccionadas proceden das listas elaboradas para este
efecto. A orde na que figurarán as persoas inscritas dependerá dos méritos que
reúnan, de acordo cun baremo que figura en cada convocatoria.
Entre as listas abertas están as de enxeñeiros; veterinarios; profesores
numerarios; titulado superior médico; ATS, enfermeiro; auxiliar sanitario,
auxiliar de clínica, auxiliar psiquiátrico, auxiliar de enfermería; intérprete
de linguaxe de signos; ou oficial 1º de cociña.
Actualización de méritos
Ademais, o DOG tamén publica hoxe a actualización provisional de méritos das persoas integrantes das listas de emprego temporal da Administración galega. A Xunta actualiza así os méritos adquiridos ao longo de 2016 polas persoas que xa integran as distintas listas.
En todo caso, dende mañá ábrese un prazo de dez días hábiles para que as
persoas interesadas poidan presentar reclamacións e achegar a documentación
xustificativa. Unha vez examinada a documentación, a Consellería de Facenda, a
través da Dirección Xeral da Función Pública, dará publicidade ás puntuacións
definitivas cunha nova resolución que tamén se publicará no DOG.
Listas para o nomeamento de funcionarios interinos
GRUPO
|
CORPO/
ESCALA
|
DENOMINACIÓN
|
A1
|
2065
|
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de minas
|
A1
|
2067
|
Escala de veterinarios/as
|
A1
|
2080
|
Escala de enxeñeiros/as. Espec. de enxeñaría de telecomunicacións
|
A1
|
2093-03
|
Escala de profesores/as numerarios/as. Espec. en navegación marítima
|
A1
|
2093-06
|
Escala de prof. numerarios/as. Espec. medicina subacuática e hiperbárica
|
A1
|
2093-07
|
Escala de prof. numerarios/as. Espec. en intervencións
subacuáticas e hiperbáricas
|
A1
|
2093-08
|
Escala de profesores/as numerarios/as. Especialidade en comunicacións
|
A1
|
2093-10
|
Escala de prof. numerarios/as. Especialidade en procesos sanitarios
|
A2
|
2076
|
Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de topografía
|
A2
|
2094-01
|
Escala de mestres/as de taller. Espec. en traballos técnicos
de mergullo
|
Listas para a contratación de persoal laboral temporal
GRUPO
|
CATEG.
|
DENOMINACIÓN
|
I
|
002
|
Titulado/a superior médico/a, médico/a xeriatra, médico/a CEI,
médico/a adxunto/a, médico/a.
|
II
|
002
|
ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE.
|
III
|
004
|
Gobernante/a, gobernante/a servizos domésticos, encargado/a
lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar.
|
III
|
014
|
Xefe/a de cociña.
|
III
|
065
|
Oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro, xefe/a cociña,
cociñeiro/a 1ª.
|
III
|
069
|
Oficial servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª
oficios varios, oficial de primeira.
|
III
|
078
|
Subgobernante/a.
|
III
|
104
|
Intérprete linguaxe de signos
|
IV
|
003
|
Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a,
auxiliar de enfermería, coidador/a xeriátrico, coidador/a.
|
IV
|
005
|
Oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª.
|
IV
|
006
|
Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario