viernes, 24 de marzo de 2017

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, para cubrir vacacións das auxiliares de axuda a domicilio do servizo municipal de axuda no fogar. A data de inicio prevista é o día 21  de abril, e a xornada variará en función da persoa a que sustitúa.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 3 de abril, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día  4 de abril de 2017, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

No hay comentarios: