miércoles, 8 de marzo de 2017

AXUDAS RENOVE ASCENSORES

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca subvencións para incentivar a renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas.

1. Terán a consideración de actuacións subvencionables a renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Estes investimentos en renovación de ascensores deberán permitir unha redución anual, cando menos, do 35 % no uso da enerxía convencional ou un incremento xustificable na seguridade.

Estas actuacións levaranse a cabo en ascensores xa instalados que conten co Rexistro de Aparello Elevador (RAE).

2. De acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á naturaleza da actividade subvencionada.

Os gastos subvencionables deberán ser ofertados, orzados, realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2017 e a data límite establecida para a presentación da documentación xustificativa da subvención (15 de novembro de 2017).

Non se considerarán subvencionables as actuacións cun investimento inferior a 5.000 euros por ascensor.

O prazo de solicitude finaliza como máximo o próximo 06 de xuño de 2017, ou ata o esgotamento do crédito.

Máis información:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codCons=IN&codProc=532A

No hay comentarios: