Finalidade: subvencións para proxectos de instalación para
xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa (pellets) como
combustible: estufas de aire, cociñas calefactores, cambio de queimadores e
determinados equipamentos térmicos e caldeiras .....
É requisito imprescindible que o proxecto non estea
iniciado na data de presentación de solicitude. Os solictantes poderán iniciar
a ejecución do proxecto unha vez presentada a solicitude de axuda.
Prazo de
solicitudes: do 24 de marzo de
2017 ao 23 de abril de 2017
As solicitudes e demais
documentación dixitalizada serán presentadas, a través da aplicación,
polas entidades colaboradoras adheridas.
Beneficiarios: Persoas físicas de
dereito privado, comunidades ou mancomunidades de veciños; Propietarios ou
titulares dun inmoble do sector residencial sito no ámbito rural da Comunidade Autónoma
de Galicia; Agrupacións de persoas físicas ou privadas sen personalidade.
Axudas: A contía máxima da
axuda será calculada en función da potencia unitaria instalada e do tipo de
instalación, cos seguintes límites adicionais por proxecto, segundo o artigo
4.2 das bases: - A intensidade máxima da axuda será do 50% do cálculo do
investimento elixible por potencia instalada. - A contía máxima da axuda por
proxecto será de 50.000 €
No hay comentarios:
Publicar un comentario