jueves, 6 de julio de 2017

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA PARA A RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON LOUSA. CONVOCATORIA 2017.



INICIO PRAZO DE SOLICITUDE: 07 de xullo de 2017
FIN PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o  06 de outubro de 2017, ou ata o esgotamento dos fondos.
FORMA DE PRESENTACIÓN: Pasos a seguir:
1.- Cubrir formulario na seguinte páxina web: https//appsdxem.xunta.gal/renovelousa, para a reserva de fondos.
2.- Unha vez que a solicitude apareza como “Reservada”, hai un prazo de cinco días hábiles para a súa presentación xunto con toda a documentación (pode presentarse en papel excepto as comunidades de propietarios que terían que facelo electronicamente).
OBXECTO
-          Renovación de cubertas con lousa en vivendas unifamiliares e edificios de vivendas, así como as edificacións anexas, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética co conseguinte aforro en términos económicos. Non se admiten renovacións parciais.
A renovación ten que cumprir ou mellorar as exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación no documento “DB HE-1 Limitación da demanda enerxética”.
GASTOS SUBVENCIONABLES: Deberán estar realizados, e efectivamente pagados (con xustificante bancario de pago), a máis tardar o 1 de decembro de 2017.

Considéranse subvencionables os gastos de renovación de cubertas tales como: custo de materiais das novas cubertas, custos de desmontaxe, custo de montaxe, custo do proxecto, custo das licencias, etc. IVA incluido cando non sexa recuperable. Non se subvenciona os gastos realizados en bens usados, a carpintería exterior e os gastos financeiros.

CUANTÍA  DAS AXUDAS: o coste máximo subvencionable será como máximo de 70 euros por metro cadrado. E a cuantía máxima da subención será do 40% (IVE incluido si é subvencionable).

BENEFICIARIOS: Particulares ou comunidades de propietarios sempre que as actuacións se realicen en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade. O obxecto da subvención non se destinará a ningunha actividade empresarial ou profesional.

Para máis información contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello ou pinchar no seguinte enlace: http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2017/20170706/Secciones2_gl.html



No hay comentarios: