viernes, 28 de julio de 2017

OBRADOIRO DE EMPREGO

Está previsto proximamente por en funcionamento un Obradoiro de emprego conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Terras do Sor". O número de alumnos/-as participantes é de 20, correspondendo 10 a este concello e distribuidos do seguinte xeito:

- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 4 persoas.
- Traballos de carpintería e moble: 6 persoas.

Os candidatos deberán estar inscritos como desempregados na oficina de emprego de Viveiro e carecer de ocupación nese momento, ademáis doutros requisitos que poden establecerse nas bases de selección. Para a especialidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio é necesario ter unha titulación mínima: ESO ou equivalente.

Os interesados deben pasar pola oficina de emprego de Viveiro para inscribirse especificamente para Obradoiros de emprego e nunha das dúas especialidades en concreto.

Ademáis, contratarase  outro persoal de xestión e apoio: un director, monitores un adminsistrativo.

No hay comentarios: