INICIO PRAZO DE SOLICITUDE: 07 de xullo de 2017
FIN PRAZO DE SOLICITUDE: Ata
o 06 de outubro de 2017, ou ata o
esgotamento dos fondos.
FORMA DE PRESENTACIÓN: Pasos a
seguir:
1.- Cubrir formulario na seguinte
páxina web: https//appsdxem.xunta.gal/renovelousa,
para a reserva de fondos.
2.- Unha vez que a solicitude
apareza como “Reservada”, hai un prazo de cinco días hábiles para a súa
presentación xunto con toda a documentación (pode presentarse en papel excepto
as comunidades de propietarios que terían que facelo electronicamente).
OBXECTO
- Renovación de cubertas con tella cerámica en
vivendas unifamiliares, edificios de vivendas e nas edificacións anexas as mesmas, coco fin de
acadar melloras significativas na demanda enerxética co conseguinte aforro en
términos económicos.
A renovación ten
que cumprir ou mellorar as exixencias mínimas que fixa o Código técnico da
edificación no documento “DB HE-1 Limitación da demanda enerxética”.
GASTOS SUBVENCIONABLES: Deberán estar realizados, e
efectivamente pagados (con xustificante bancario de pago), a máis tardar o 1 de
decembro de 2017.
Considéranse subvencionables os gastos de renovación de
cubertas tales como: custo de materiais das novas cubertas, custos de
desmontaxe, custo de montaxe, custo do proxecto, custo das licencias, etc. IVA
incluido cando non sexa recuperable. Non se subvenciona os gastos realizados en
bens usados, a carpintería exterior e os gastos financeiros.
CUANTÍA DAS AXUDAS:
o coste máximo subvencionable será como máximo de 55 euros por metro cadrado. E
a cuantía máxima da subención será do 30% (IVE incluido si é subvencionable).
BENEFICIARIOS: Particulares ou
comunidades de propietarios sempre que as actuacións se realicen en vivendas ou
edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa
titularidade. O obxecto da subvención non se destinará a ningunha actividade
empresarial ou profesional.
Para máis información contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello ou pinchar no seguinte enlace: http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2017/20170706/Secciones2_gl.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario