jueves, 6 de julio de 2017

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA PARA A RENOVACIÓN DE FACHADAS CON GRANITO DE VIVENDAS EXISTENTES. CONVOCATORIA 2017.



INICIO PRAZO DE SOLICITUDE: 07 de xullo de 2017
FIN PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o  06 de outubro de 2017, ou ata o esgotamento dos fondos.
FORMA DE PRESENTACIÓN: Pasos a seguir:
1.- Cubrir formulario na seguinte páxina web: https//appsdxem.xunta.gal/renovelousa, para a reserva de fondos.
2.- Unha vez que a solicitude apareza como “Reservada”, hai un prazo de cinco días hábiles para a súa presentación xunto con toda a documentación (pode presentarse en papel excepto as comunidades de propietarios que terían que facelo electronicamente).
OBXECTO
-      Rehabilitación de fachadas de edificacións xa existentes con granito. As fachadas ou envolventes térmicas subvencionables son fachadas pegadas de granito, transventiladas ou fachadas de perpiaño.
A rehabilitación ten que cumprir ou mellorar as exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación no documento “DB HE-1 Limitación da demanda enerxética”. A solución construtiva elexida ten que cumprir as especificacións da Norma UNE 22203.

GASTOS SUBVENCIONABLES: Deberán estar realizados, e efectivamente pagados (con xustificante bancario de pago), a máis tardar o 1 de decembro de 2017.

CUANTÍA  DAS AXUDAS: o coste máximo subvencionable será como máximo de 110 euros por metro cadrado no caso de fachadas  pegadas de granito, 140 euros no caso de fachadas trasventiladas de granito e 130 euros no caso de fachadas de perpiaño de granito. E a cuantía será do 30% (IVE incluido si é subvencionable), cun máximo de 12.000 euros por vivenda unifamiliar illada e 40.000 euros por edificio de vivendas en bloque .

BENEFICIARIOS: Particulares ou comunidades de propietarios.

Para máis información contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello ou pinchar no seguinte enlace: http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2017/20170706/Secciones2_gl.html

No hay comentarios: