martes, 4 de julio de 2017

OFERTA EMPREGO 2 EDUCADORES INFANTÍS

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de DOUS EDUCADORES INFANTÍS, para o Punto de atención á infancia municipal, durante o curso 2017/2018, desde o próximo día 11 de setembro de 2017 ata o día anterior o inicio do novo curso escolar 2018/2019.
Os requisitos para os candidatos son:
1º) Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
2º)Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
3º)Estar en posesión do título de Técnico ou grao superior en educación infantil ou mestre especializado en educación infantil.
4º) Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 11 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato.Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.
5º)Ter coñecementos de primeiros auxilios.
6º)Dispoñer do certificado de formación en manipulación de alimentos
7º)Estar vacinado contra a rubéola.
8º) Dispor de certificado negativo do rexistro central de delincuentes sexuales.

 Estes requisitos deberán acreditarse antes de que finalize o prazo de presentación de instancias (así como os méritos alegados), e a persoa seleccionada deberá presentar certificado médico ou certificado de aptitude conforme esta apta para o posto de traballo de educador infantil, antes da dación de alta.


O prazo de presentación de solicitudes comenza mañá día 5 de xullo e remata o próximo día 14 de xullo de 2017.
 
O lugar de presentación será no rexistro de entrada do Concello do Vicedo, ou mediante as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
 
As persoas que presenten a solicitude por outras formas diferentes ó rexistro de entrada do Concello do Vicedo, deberán adelantar por fax o 982590001, dentro do plazo estipulado, copia da solicitude correctamente datada e selada.

Poder consultar as bases  e conseguir a instancia de solicitude e a declaración que acompaña a documentación, pinchando no seguinte: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

No hay comentarios: