As axudas para as actuacións de rehabilitación poderán consistir en:
- Préstamos cualificados concedidos polas entidades de crédito no ámbito dos convenios asinados co Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS). A contía máxima dos préstamos será de 30.000€ ou 60.000€, segundo a garantía sexa persoal ou hipotecaria, respectivamente. En todo caso, o importe do préstamo non poderá ser superior ao custe das obras.
- Axudas económicas directas, consistentes na subsidiación dos xuros dos préstamos cualificados, de modo que o IGVS subsidiaría os xuros, por tramos de ingresos, ata un máximo de 4 anos.
Obras de rehabilitación financiables
- Obras de adecuación estrutural e construtiva, de adecuación das condicións de habitabilidade do edificio ou da vivenda e de mellora de eficiencia enerxética.
- Obras de adecuación dos edificios ou das vivendas e os seus accesos á normativa vixente sobre accesibilidade.
- Obras de adecuación do acabado xeral do edificio e das vivendas aos principios da boa construción.
- Obras de remate en edificacións cuxos paramentos de fachada ou cubertas, non se remataron no momento da construción do edificio (neste suposto deberá xustificarse que a vivenda ten una antigüidade mínima de 10 anos e que foi habitada durante un mínimo de 5 anos).
Procedemento
- Para acceder aos préstamos do programa, as persoas promotoras das actuacións de rehabilitación, deberán ter previamente una resolución emitida polo IGVS.
- Xunto coa resolución de acceso ao préstamo cualificado, as persoas promotoras presentarán ante a entidade a documentación que esta considere necesaria, especialmente en canto ao establecemento das garantías.
- A aprobación e formalización dos préstamos poderá realizarse desde a resolución emitida polo IGVS ata a data de certificación de finalización de obra.
- As entidades deberán notificar ao IGVS a data de formalización dos préstamos, así como a contía e data das disposicións ata o seu total desembolso.
Características dos préstamos
Os préstamos convidos terán as seguintes características mínimas:- Contía do crédito: O menor dos seguintes importes:
- Custe total da obra co límite do orzamento protexible
- 30.000 ? (préstamos persoais) o 60.000 ? (hipotecarios)
- Prazo de amortización: Entre 6 meses e 15 anos.
- Garantías: garantía hipotecaria ou garantía persoal.
- Período de carencia: Poderá establecerse un período de carencia inicial do capital ata 2 anos.
- No suposto de actuacións promovidas por comunidades de propietarios/as, os préstamos calcularanse para cada vivenda en función da súa porcentaxe de participación no orzamento protexible das obras.
- Sen comisións
No hay comentarios:
Publicar un comentario